Terra Meiga

Santa Compaña
A Santa Compaña é unha das lendas da mitoloxia popular galega máis arraigada no medio rural. Tradicionalmente descrita como unha procesión de mortos ou ánimas en pena que pola noite percorre os camiños dunha parroquia portando cirios, sendo o cheiro a cera o principal sinal de que a Santa Compaña anda preto.

A procesión adoita ir encabezada por un vivo portando unha cruz e mais un caldeiro de auga bendita seguido polas ánimas cos cirios acesos, non sempre visíbeis, notándose a súa presenza no cheiro á cera e no vento que ergue ao seu paso.

Esta persoa viva que precede a procesión pode ser home ou muller, dependendo de se o padrón da parroquia é santo ou santa.

O portador da cruz non pode en ningún momento volve-la cabeza nin renunciar aos seus cargos precedendo a Santa Compaña. Só ficará ceibo cando atope a outra persoa polo camiño a quen lle entregar a cruz e mailo caldeiro, momento no que esta pasará a sustituílo.

Para safar desta obriga de reemprazo, a persoa que vexa pasar a Santa Compaña debe trazar un circo no chan e deitarse boca abaixo sen mirarlle á cara a ningún espíritu. A persoa que leva a cruz e o caldeiro a cada paso aldelgaza máis e vólvese máis branco ata que lle dá o caldeiro a outro.

Aínda que todas as versións coinciden en considerar a Santa Compaña como unha anunciadora da morte, hai diferentes versións.

Aínda que na maioría das historias a Santa Compaña realiza a súas aparicións de noite, hai tamén casos citados nos que se fala de saídas diúrnas.

O BNG di que PP “insulta” aos galegos ao “gabarse” da súa actuación no Prestige
O coordenador executivo do BNG, Francisco Jorquera, considera que o Partido Popular “insulta á cidadanía galega ao gabarse agora da súa actuación perante a crise do Prestige”.

“Todos e todas lembramos a neglixencia e a prepotencia con que se empregou a Administración do Estado na xestión da crise do Prestige. Os galegos e as galegas nunca se sentiron pior tratados. Felizmente a reacción social foi exemplar e o país soubo defenderse por si mesmo, fronte a chulería e a incompetencia de políticos como José María Aznar ou Álvarez Cascos que felizmente só pertencen ao pasado”, afirma Jorquera.

O coordenador executivo pergúntase se a renovación á que agora apela Feijóo vai consistir precisamente en reivindicar o legado de Aznar ou Cascos: “Moito depurar a Cacharro Pardo para finalmente vir a demostrar que a referencia ideolóxica máxima segue sendo o señor Aznar e o sector máis reaccionario e dereitista do Partido Popular”.

Jorquera considera “máis que discutíbel” a actuación da Avogacía do Estado no caso xudicial do Prestige, mais lembra que en todo caso as responsabilidades políticas “xa foron depuradas polos cidadáns que democráticamente determinaron a pasaxe do Partido Popular á oposición tanto no Estado como na Galiza”.

“É curiosa esta insistencia do PP en revisar e limpar o seu pasado. Xa que tan orgullosos se sinten do que fixeron, e tendo en conta que o señor Feijóo aspira agora a ser presidente do Goberno galego, a cidadanía ten dereito a saber se ante unha crise como a do Prestige actuaría de igual maneira que o fixo Fraga, abandonando o país para irse de caza”, conclúe o tamén portavoz do BNG no Congreso dos Deputados.

A “ARA SOLIS”
De seguro, foi profundo o acoro e a pavura que infundiu aos antigos a visión que experimentaron ao chegar a estas terras, lugares nos que só se ollaba un infindábel mar no que se mergullaba o sol, como se o o céano o devorase, ao tempo que se escoitaba un fondo laio, crenza que aíinda hoxe compartillan algunhas xentes desta finis terrae.

A lenda da Ara Solis, quizais de orixe grega, refire que o pobo caldeo, que adoraba o sol, decidiu un día buscar o escondrixo do astro durante as horas da noite. Abandonando o seu país, os caldeos comezaron o seu camiño cara a Occidente. O derradeiro lugar ao que chegaron foi Galiza, onde se decataron de que o mar lles impedía continuar, ó mesmo tempo que descubrían que o Sol se afundía no océano.Convencidos de que entre as augas pasaba o astro adorado as horas da noite e abraiados perante aquel prodixio, decidiron construír naquelas terras un altar ao que puxeron de nome Ara Solis.

Hai quen afirma que o cáliz e a hostia do escudo de Galicia son unha representación simbólica ou filtrada pola relixión cristiana do sol sobre a Ara Solis.

Benvidos
Hoxe arrinca esta bitácora coa única motivación de facer unha homenaxe ás tradicións galegas, e ás súas xentes, e porque non tratar algún tema de actualidade relacionado co noso pais.

E que mellor xeito de presentar este blog que falando dunha tradición galega esquecida, da zona do courel. O Apalpador

Nas aldeas do Courel, Cebreiro e Val de Lóuzara existía até hai pouco a fermosa tradición popular de Nadal do Apalpador. Este era un vello xigante, de profesión carboeiro, que vivía nas devesas das montañas, alimentándose de froitos silvestres e cazando xabarís. Na noite do 24 ou na do 31 de decembro baixaba co seu abrigo cheo de remendos e cunha pipa na boca aos nevados casais, para se achegar aos nenos e nenas que durmían. Apalpaba con coidado as súas barrigas para ver se estaban ben mantidos. Logo de lles desexar fartura para o ano próximo, marchaba, agasallándoos cunha boa morea de castañas quentes.